Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán

06/05/2024

Presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán que se disputará a próxima fin de semana. No Pavillón da Seca, en Poio, a vicepresidenta desexou “toda a sorte do mundo” ao equipo, que leva “varias temporadas rozando o salto de categoría”, para sumarse así “ao bo momento que vive o deporte pontevedrés en todas as súas disciplinas e categorías, encadeando éxito tras éxito e recibindo grandes alegrías das nosas federacións e clubs”.

Luisa Sánchez afirmou que “o conxunto traballou moi duro para chegar ata aquí, e cónstame, por iso merece poder celebrar con honores este ascenso” xa que “temos todas as posibilidades” para logralo “e tamén o ansiado 10 por parte do corpo técnico”. A vicepresidenta provincial deulle os parabéns ao equipo “por unha temporada impecable” e garantiu “o apoio do goberno provincial no noso obxectivo compartido de levar o deporte pontevedrés ao máis alto do palmarés”. Ademais, Sánchez asegurou que “imos traballar duro para impulsar o balonmán e apoiar esta disciplina deportiva como nunca se fixo nesta administración”.

Novas relacionadas

{"classPK":9615079,"groupId":"37861","name":"20240705_balonmano_rafaestevez_04.jpg","alt":" Copa 5x5 Balonmán da rúa","title":"20240705_balonmano_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"ef77cfe6-b70d-28ee-c3c9-45f58169e1f9","fileEntryId":"9615079","resourcePrimKey":"9615337"}

Luis López visita ás nenas e nenos que participan na Plaza de España de Pontevedra na primeira edición da Copa 5x5 Balonmán na Rúa que organiza a Deputación

  05/07/2024

{"classPK":9569707,"groupId":"37861","name":"20240626_rafadominguez_luisasanchez_balonman_jphilippot_05.jpg","alt":"O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto coa vicepresidenta e deputada de Deportes, Luisa Sánchez e o presidente da Federación, Bruno López","title":"20240626_rafadominguez_luisasanchez_balonman_jphilippot_05.jpg","type":"document","uuid":"fc7c7bf6-7afb-b22b-0e81-c272dca460d8","fileEntryId":"9569707","resourcePrimKey":"9569727"}

A Deputación celebra por primeira vez a Copa 5x5 para sacar o balonmán á rúa e achegalo aos máis pequenos

  26/06/2024

{"classPK":8503129,"groupId":"37861","name":"2024051244CUPBaionaPrimero.jpg","alt":"Luisa Sánchez no Monte Real Club de Yates","title":"2024051244CUPBaionaPrimero.jpg","type":"document","uuid":"bd10daed-c3af-a2f0-1b77-777ca6f94b90","fileEntryId":"8503129","resourcePrimKey":"8503176"}

A vicepresidenta Luisa Sánchez revalida o apoio da Deputación de Pontevedra aos deportes náuticos na entrega dos premios da 44Cup de Baiona

  12/05/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.