Luis López afirma que a paisaxe da Illa de San Simón, a diversidade musical e a cultura reforzan o festival Sinsal como un emblema dos Rías Baixas Fest

O presidente provincial, acompañado do deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, e a de Igualdade, Sandra Bastos, visita o espazo onde se celebrará o festival entre o venres 25 de xullo e domingo 27 de xullo

23/07/2025

O presidente provincial, acompañado do deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela

O presidente da Deputación, Luis López, afirmou este mércores que a mestura da paisaxe da Illa de San Simón (Redondela), a diversidade musical e cultura converten unha nova edición do festival Sinsal nun emblema dos Rías Baixas Fest, a marca do goberno provincial que abrangue algúns dos máis senlleiros da provincia. Acompañado do deputado de Cultura, Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, e a de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos; López realizou un percorrido polo espazo no que se desenvolverá o festival entre este venres 25 de xullo e o domingo 27 de xullo, e no que se darán cita máis de 30 formacións de diversos países de África, América Latina, Asia e Europa nun cartel segredo que só será revelado ata que o público alcanza a propia Illa.

Segundo o titular do goberno provincial, a traxectoria consolidada do Sinsal, que alcanza xa 23 edicións, sitúao como unha referencia na promoción da sustentabilidade ambiental –premiada en recoñecementos nacionais— e da diversidade tanto paisaxística como cultural de Rías Baixas, un obxectivo compartido pola Deputación de Pontevedra á hora de promocionar un destino de referencia para o turismo natural e respectuoso co territorio. Neste caso, o Sinsal ademais atraerá a 17 bandas e solistas que nunca actuaron en Galicia. En total, serán 36 as actuacións, entre concertos en directo e sesións, que se desenvolverán esta fin de semana. A programación completarase con actividades culturais como exposicións, mostras de memoria sonora, propostas gastronómicas e roteiros pola Illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

López, finalmente, quixo salientar a importancia dos Rías Baixas Fest, “a banda sonora do verán”, para ofrecer no conxunto da provincia festivais de referencia nacional que, ademais de xirar en torno aos carteis con grandes figuras da música, poñen o acento na natureza, na gastronomía e na sustentabilidade. Para este ano, a marca da Deputación conta cun 20% máis de orzamento, ata os 340.000 €, para apoiar a seis festivais da provincia: Portamérica (Portas), SonRías (Bueu), Sinsal (Redondela), Atlantic Fest (Vilagarcía), Revenidas (Vilagarcía) e Underfest Xacobeo (Vigo).

 

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14003643,"groupId":"37861","name":"20251211_presentacion_underfest_01.jpg","alt":"Luisa Sánchez remarca o \u201ccarácter especial\u201d do festival de música Underfest","title":"20251211_presentacion_underfest_01.jpg","type":"document","uuid":"56a5464d-3a82-729a-4657-195a3d5e6ba0","fileEntryId":"14003643","resourcePrimKey":"14003675"}

Luisa Sánchez remarca o “carácter especial” do festival de música Underfest, que “fai que Vigo soe diferente”

  12/11/2025

{"classPK":13427308,"groupId":"37861","name":"20250904_luislopez_revenidas_vilagarcia_jphilippot_01.jpg","alt":"Luis López na presentacion do Revenidas","title":"20250904_luislopez_revenidas_vilagarcia_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"bde8425d-5b4c-26a6-b446-b3955937a60e","fileEntryId":"13427308","resourcePrimKey":"13427354"}

Luis López sinala o festival Revenidas, dos Rías Baixas Fest, como unha das propostas de calidade que fan das Rías Baixas o destino turístico favorito do noroeste peninsular

  04/09/2025

{"classPK":13192842,"groupId":"37861","name":"20250729_bueu_rafaestevez_04.jpg","alt":"Luis López en Sonrías Baixas","title":"20250729_bueu_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"da37d591-56df-fe9f-f2a3-3340bf426d5e","fileEntryId":"13192842","resourcePrimKey":"13192887"}

Luis López sitúa o SonRías Baixas como “grande embaixador da provincia, que dinamiza a economía e impulsa a proxección do territorio cun proxecto cultural responsable, sostible e de futuro”

  29/07/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.