Rafa Domínguez asiste á mesa informativa de ADICAM en Pontevedra sobre o cancro de mama

01/10/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este mércores á mesa informativa instalada por ADICAM, a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico, na Praza da Peregrina de Pontevedra co gallo do Día Internacional do Cancro de Mama que terá lugar o próximo día 19. O vicepresidente provincial puido informarse de primeira man das iniciativas impulsadas polo colectivo, como o programa “Seguimos camiñando en rosa”, que recibe habitualmente recursos da institución provincial na súa liña de axudas para actuacións no ámbito social.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.