A Deputación explora xunto coa Asociación Internacional para a Cooperación e o Desenvolvemento Turísticos as oportunidades do turismo de congresos, eventos, reunións e incentivos para a provincia

A directora de Turismo, Romina Fernández, reuniuse con Ricardo Sosa, vicepresidente da Asociación Internacional para a Cooperación e o Desenvolvemento Turísticos (ASICOTUR) para abordar cuestións estratéxicas para a evolución do destino Rías Baixas

03/06/2026

A Deputación explora xunto coa Asociación Internacional para a Cooperación e o Desenvolvemento Turísticos as oportunidades do turismo de congresos, eventos, reunións e incentivos para a provincia

A Deputación de Pontevedra explora as oportunidades do turismo de congresos, eventos, reunións e incentivos (MICE) para a provincia xunto coa Asociación Internacional para a Cooperación e o Desenvolvementos Turísticos (ASICOTUR), membro afiliado de ONU Turismo. A directora de Turismo, Romina Fernández, reuniuse con Ricardo Sosa, vicepresidente executivo de ASICOTUR, e Francisco Ares, vicepresidente institucional da entidade, para abordar cuestións estratéxicas para a evolución do destino Rías Baixas.

Na xuntanza ambas entidades analizaron as oportunidades do turismo MICE, centrándose na especial incidencia deste segmento turístico na desestacionalización e na captación de visitantes con alto valor engadido. Ademais, afondaron no transporte e na conectividade do destino Rías Baixas e na importancia da colaboración público-privada como ferramenta chave para impulsar iniciativas conxuntas e responder ás necesidades reais do sector turístico. Por outra banda, ambas entidades estudaron cuestións relacionadas co deseño e a promoción de novos produtos turísticos con capacidade para diversificar a oferta e poñer en valor recursos singulares do territorio.

Durante a xuntanza, a directora de Turismo tamén tivo a oportunidade de amosar aos integrantes da Asociación Internacional para a Cooperación e o Desenvolvemento Turísticos o traballo que desenvolve o organismo provincial na promoción da provincia de Pontevedra e o funcionamento da oficina de turismo do Palacete das Mendoza.