Luisa Sánchez anuncia que a segunda edición do Galicia Fest se celebrará os días 26 e 27 de xuño de 2026

“Está claro que, se hai un bo motivo, a xente móllase. O empuxe do público e o apoio das administracións públicas garanten máis e mellor Galicia Fest”, avanzou a vicepresidenta

02/09/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este martes as datas nas que se celebrará a segunda edición do Galicia Fest. Tal e como avanzou, o evento adiantarase no calendario para desenvolverse os días 26 e 27 de xuño de 2026. “Este ano practicamente pechamos os festivais de música na provincia e o ano que vén faremos o contrario, ímolos abrir”, salientou.

Ademais, Luisa Sánchez comprometeu a presenza de grupos de Vigo no cartel e avanzou que xa se están a barallar máis dunha decena de nomes para poñerlle o acento local ao evento. “Afortunadamente, na nosa cidade hai moitos grupos e moi bo nivel musical. Pero antes de adiantar ningún nome, hai que falar con eles e cadrar axendas. Queda un longo percorrido”, engadiu.

A este respecto, tamén precisou que esas bandas locais figurarán no elenco de artistas ao mesmo nivel que o resto e non comi “teloneiros”. “Aquí non hai teloneiros, aquí todos os grupos son protagonistas. Eles e o público son os verdadeiros protagonistas”, sinalou.

No seu balance da primeira edición do Galicia Fest, a vicepresidenta provincial sostivo que o evento se estreou con “éxito”. Tras esgotarse todos os abonos e entradas, máis de 6.000 persoas encheron o Peirao de Transatlánticos. Delas, o 80% procedían da cidade olívica. “Isto deixa dúas lecturas: que a nosa cidade tiña gañas de gozar dun festival coma este e que, ao mesmo tempo, conseguimos atraer máis de mil visitantes, co conseguinte retorno”, indicou.

Igualmente, recordou que o festival foi posible grazas á colaboración das institucións públicas, principalmente Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria de Vigo. Do mesmo xeito, gabou o traballo da organización. “Recibín moi bo retorno da xente”, revelou.

Así, Luisa Sánchez agradeceu á cidade que se “envorcara” co evento e asumiu que a resposta do público evidencia que Vigo “pedía este festival e que a Deputación e a Xunta escoitaron esa demanda”. “Está claro que, se hai un bo motivo, a xente móllase. O empuxe do público e o apoio das administracións públicas garanten máis e mellor Galicia Fest”, subliñou.

Novas relacionadas

{"classPK":13527556,"groupId":"37861","name":"20250905-LuisaSanchez_5x5Balonman03.jpg","alt":"Luisa Sánchez, gabou este venres a celebración do Torneo 5x5 de balonmán no porto de Vigo ","title":"20250905-LuisaSanchez_5x5Balonman03.jpg","type":"document","uuid":"c1ba5368-2abf-f23d-3e03-57ba76631e4c","fileEntryId":"13527556","resourcePrimKey":"13527571"}

Luisa Sánchez gaba a celebración do Torneo 5x5 de balonmán en Vigo por sacar o deporte á rúa

  05/09/2025

{"classPK":13429568,"groupId":"37861","name":"20250904_LuisaSanchez_PlanComunitarioTeis01.jpeg","alt":"Luisa Sánchez, que visitou este xoves as instalacións da rúa Coutadas","title":"20250904_LuisaSanchez_PlanComunitarioTeis01.jpeg","type":"document","uuid":"62e3751e-8435-489b-1c8b-099c46f85f53","fileEntryId":"13429568","resourcePrimKey":"13429601"}

Luisa Sánchez celebra a continuidade do Plan Comunitario de Teis grazas ás achegas da Deputación e da Xunta

  04/09/2025

{"classPK":13419903,"groupId":"37861","name":"20250902-LuisaSanchezMRCYB01.jpg","alt":"Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación da edición número 40 do Trofeo Príncipe de Asturias","title":"20250902-LuisaSanchezMRCYB01.jpg","type":"document","uuid":"72e6a15f-e423-1d5d-bc71-107ffbea9904","fileEntryId":"13419903","resourcePrimKey":"13419939"}

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca a importancia do Trofeo Príncipe de Asturias, “unha das citas con maior tradición e prestixio no mundo da vela a nivel nacional”

  02/09/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.