A Deputación ultima o prazo para que os concellos da provincia soliciten os 8 millóns de euros do terceiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

Os concellos de menos de 50.000 habitantes xa están a impulsar novas instalacións deportivas, ademais de investimentos para modernizar e mellorar as existentes, dotar de equipamento estes espazos ou adquirir terreos para uso deportivo

29/12/2025

A Deputación de Pontevedra ultima o prazo para que os concellos poidan solicitar os recursos que teñen á súa disposición no marco da terceira convocatoria do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Dotado de 8 millóns de euros, ao igual que a segunda convocatoria, os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia xa están a empregar estes recursos para subvencionar proxectos municipais de construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivos, así como para a modernización, remodelación e mellora de instalacións e espazos xa existentes. Tamén son subvencionables a dotación de equipamento e material para estes espazos ou a adquisición de terreos para uso deportivo. O prazo de solicitude pecha o próximo luns 5 de xaneiro de 2026.

O goberno da Deputación decidiu convocar unha nova edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para garantir que os concellos cumpran co seu deber de manter os espazos deportivos en condicións de seguridade, salubridade e accesibilidade, tendo en conta que o deporte contribúe a fomentar hábitos de vida saudables entre a poboación e a dinamizar a vida social da provincia. O primeiro concello en recibir recursos no marco do terceiro PEID foi Vilanova de Arousa, con 140.000 € aprobados xa en novembro para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol da S. D. Chispa.

Os 8 millóns de euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas repártense entre unha parte fixa de 75.000 euros que recibirán automaticamente todos os concellos, ata un total de 4.425.000 euros (o 55% do orzamento). Os 3.575.000 euros restantes, que se corresponden coa parte variable, serán repartidos entre os concellos. As achegas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva, e permitirase financiar máis dun proxecto por concello. O importe mínimo dos proxectos sufragados será de 20.000 euros no caso de obras e de 6.000 euros no caso de subministracións, e serán compatibles tanto con outros plans de investimento da Deputación (como, por exemplo, o Plan +Provincia) como con subvencións doutras administracións públicas.

O programa forma parte do paquete de plans de investimento posto en marcha polo executivo provincial, dotado dunha cifra histórica de 128 millóns de euros. Ademais do PEID tamén se reeditan o Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra (con 35 millóns de euros, ao igual que na súa primeira convocatoria) e mais o Plan +Provincia, que acada a cifra récord de 50 millóns de euros e que adiantará o acceso á liña 1 de investimentos correspondente á anualidade do ano 2027, dotado de 35 millóns de euros.

Novas relacionadas

{"classPK":6264860,"groupId":"37861","name":"Estruturas-deportivas-900x600.jpg","alt":"III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas","title":"Estruturas-deportivas-900x600.jpg","type":"document","uuid":"b10a593c-7fda-c4c0-ee1a-66521021a3c4","fileEntryId":"6264860","resourcePrimKey":"14387669"}

A Deputación destina preto de 1,5 millóns de euros aos concellos da contorna de Pontevedra no marco do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

  10/01/2026

{"classPK":14386514,"groupId":"37861","name":"20260109_luislopez_rp_jphilippot_01.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20260109_luislopez_rp_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"dda543ca-61bd-746c-a853-c0232e0e9244","fileEntryId":"14386514","resourcePrimKey":"14386554"}

Luis López salienta que a Deputación impulsará ata 90 actuacións nos concellos por valor de 8 millóns de euros ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

  09/01/2026

{"classPK":14277078,"groupId":"37861","name":"20251222_Mondariz-balneario-slorenzo_06.jpg","alt":"Luis López nas instalacións deportivas na avenida Enrique Peinador","title":"20251222_Mondariz-balneario-slorenzo_06.jpg","type":"document","uuid":"6bd745b6-6cd2-c076-faa9-d5ec89be03f9","fileEntryId":"14277078","resourcePrimKey":"14277226"}

Luis López destaca os máis de 90.000 € investidos pola Deputación para mellorar as instalacións deportivas de Mondariz-Balneario a través dos Plans Extraordinarios de Infraestruturas Deportivas

  22/12/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.