Luis López confirma a adxudicación do contrato para a mellora da estrada provincial EP-4102 Leirado-Lira, en Salvaterra de Miño, cun investimento de medio millón de euros

O presidente Luis López detalla que se actuará nun treito de cae 900 metros desta estrada provincial, onde se executarán traballos de ensanche e mellora da seguridade viaria

06/03/2026

Luis López confirma a adxudicación do contrato para a mellora da estrada provincial EP-4102 Leirado-Lira, en Salvaterra de Miño, cun investimento de medio millón de euros

Luis López confirma a aprobación de novos recursos para as estradas provinciais con 1,7 millóns de euros para melloras en dúas estradas provinciais ao seu paso por Marín e Salvaterra de Miño. No caso concreto deste último concello, o presidente da Deputación confirmou que a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do contrato para a mellora da estrada provincial EP-4102 Leirado-Lira, onde se investirá medio millón de euros.

Tal e como explicou López, cos recursos provinciais actuarase nun tramo de 900 metros que atravesa o núcleo rural de Formarigo, na parroquia de San Simón de Lira, onde se executarán traballos de ensanche e mellora desde o campo de fútbol da Chan ata o núcleo rural do Pouso. Nos primeiros cincocentos metros do treito, vaise mellorar o trazado, ampliar a sección e construír unha cuneta transitable. No treito final, coincidindo co paso por Formarigo, onde non é posible ampliar a vía, a actuación centrarase na mellora do pavimento e acondicionamento das marxes mediante o formigonado para obter un espazo segregado do tráfico rodado para dar seguridade á mobilidade peonil. En todo o conxunto, renovaranse as canalizacións soterradas e mellorarase a sinalización vertical e horizontal, así como o mobiliario urbano.

“Avanzamos -asegurou o presidente da Deputación – unha semana máis, na transformación das estradas provinciais desta provincia, investindo recursos como nunca antes se fixera para alongar a súa vida útil e garantir que se encontren en condicións axeitadas de seguridade”.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.