#BENESTAR SOCIAL

PONTEVEDRA, PROVINCIA +INCLUSIVA

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha neste 2026 a terceira edición do programa “Provincia +inclusiva”, a través do cal se convoca unha liña de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a promoción da accesibilidade universal.


A quen vai dirixido?

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen fins de lucro situadas en calquera municipio da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Que gastos son subvencionables e cal é o financiamento?

Serán subvencionables as seguintes actuacións:

  • Execución de obras de mellora da accesibilidade nas instalacións das entidades solicitantes.
  • Redacción da memoria técnica do proxecto, en caso de ser indispensable desde o punto de vista legal para executar a obra.
  • Adquisición de sistemas de comunicación que permitan a accesibilidade e a inclusión das persoas beneficiarias nas actividades da vida diaria.
  • Adquisición de axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e co coidado persoal.

Cada solicitude poderá conter un ou varios dos gastos subvencionables dos descritos anteriormente.

O importe máximo da subvención para cada solicitude non poderá exceder do 80 % do seu orzamento nin da cantidade de dez mil euros (10.000 €).

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na Base de datos Nacional de Subvencións.

Vídeo promocional

Novas relacionadas

{"classPK":15919294,"groupId":"37861","name":"20260306_placa_inclusiva_down_vigo_02.jpg","alt":"Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede","title":"20260306_placa_inclusiva_down_vigo_02.jpg","type":"document","uuid":"5d35fa3e-0228-cdcf-d21d-5a9a295a3af1","fileEntryId":"15919294","resourcePrimKey":"15919268"}

Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede

  03/06/2026

{"classPK":15809838,"groupId":"37861","name":"20260519_javier_touris_fundacion_residencia_divina_pastora.jpg","alt":"A Deputación visita en Vilagarcía de Arousa a Fundación Residencia Divina Pastora e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260519_javier_touris_fundacion_residencia_divina_pastora.jpg","type":"document","uuid":"3c4348a9-37f5-6ba3-0ba6-f37194fafb4a","fileEntryId":"15809838","resourcePrimKey":"15809821"}

A Deputación visita en Vilagarcía de Arousa a Fundación Residencia Divina Pastora e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  19/05/2026

{"classPK":15809605,"groupId":"37861","name":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","alt":"A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","type":"document","uuid":"34694117-d909-c898-8a50-19f8764c2f20","fileEntryId":"15809605","resourcePrimKey":"15809576"}

A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  19/05/2026

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 21 resultados.