A Deputación destina preto de 200.000 euros para que 30 entidades da provincia promovan a accesibilidade universal ao abeiro de Provincia +Inclusiva

“Son 20.000 euros máis que o distribuído o pasado ano” asegurou o presidente provincial Luis López quen remarcou a importancia desta liña de axudas para “favorecer a participación activa de todas as persoas da provincia nos diferentes ámbitos da sociedade”

21/11/2025

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión de axudas por valor de  preto de 200.000 € para que 30 entidades sen fins de lucro da provincia promovan a accesibilidade universal ao abeiro de Provincia +Inclusiva. “Son 20.000 euros máis que o distribuído o pasado ano” recordou o presidente provincial Luis López quen remarcou a importancia desta liña de axudas para “favorecer a participación activa de todas as persoas da provincia nos diferentes ámbitos da sociedade”.

O plan Provincia +Inclusiva, distribuído por concorrencia competitiva, destinará entre 2.000 e 10.000 euros a 30 entidades, once máis que o pasado ano, e con estes recursos poderán afrontar melloras da accesibilidade nos seus inmobles para rachar coas barreiras arquitectónicas, adquirir sistemas de comunicación que garantan a inclusión das persoas ou dotarse de camas articuladas, colchóns antiescaras, cadeiras de rodas  ou, entre outras cuestións, materiais para facilitar a mobilidade.

En liñas xerais, este ano benefícianse da liña de axudas Provincia +Inclusiva sete entidades de Vigo (Asociación de familiares de alzheimer e outras demencias, Aspanaex, Apamp, Érguete, Asociación de Párkinson de Vigo, Down Vigo e Fundación da Santa Cruz), catro de Vilagarcía de Arousa (Bata, Asociación Lar, Fundación Lar e Fundación residencia Divina Pastora), tres de Pontevedra (Amencer-Aspace, AECC e Familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias de Pontevedra), dúas de Mos (Casa Santa María da Esperanza e Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e cadansúa de Bueu (Asociación de Parkinson da provincia de Pontevedra), Cangas do Morrazo (Agaela), Crecente (Colexio Nosa Señora de Fátima), A Estrada (Agadea), A Guarda (Avelaíña), Lalín (Asociación para a protección dos anciáns de Lalín e comarca), Moaña (Afamo), Nigrán (Centro Juan María), Pazos de Borbén (Aspavi), Ponteareas (Dar más), O Porriño (Aceesca), Redondela (Andaina), Tomiño  (Vontade) e Tui (Congregación de Irmás franciscanas hospitalarias).

Novas relacionadas

{"classPK":15282545,"groupId":"37861","name":"20260428_jorge-cubela-agadea.jpg","alt":"A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260428_jorge-cubela-agadea.jpg","type":"document","uuid":"530fe323-6b37-9ae5-daba-fd561a65fe7d","fileEntryId":"15282545","resourcePrimKey":"15282584"}

A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  28/04/2026

{"classPK":8241977,"groupId":"37861","name":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","alt":"Provincia +Inclusiva 2025","title":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","type":"document","uuid":"af0dd051-62eb-b8ae-c7e7-4d9abe455ae0","fileEntryId":"8241977","resourcePrimKey":"13034066"}

A Deputación mantén aberto ata o 7 de xullo o prazo para que entidades soliciten actuacións de accesibilidade universal ao abeiro do Provincia +Inclusiva, dotado con 210.000 €

  29/06/2025

{"classPK":8241977,"groupId":"37861","name":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","alt":"programa Provincia +Inclusiva","title":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","type":"document","uuid":"af0dd051-62eb-b8ae-c7e7-4d9abe455ae0","fileEntryId":"8241977","resourcePrimKey":"12905896"}

A Deputación publica as bases do programa Provincia +Inclusiva, dotado de máis de 200.000 euros para promover a accesibilidade universal

  05/06/2025