Luisa Sánchez destaca os 50 anos de compromiso da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia

29/08/2026

Luisa Sánchez destaca os 50 anos de compromiso da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na celebración do 50º aniversario da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia. No acto puxo en valor a singularidade dunha parroquia “variada, diversa e difícil de plasmar nunha soa fotografía”, que combina mar e monte, desde Cabo Estai e Canido ata A Verdella e A Senra, e que conta con sinais de identidade propias como as festas dos Liñares ou o patrimonio da finca Mirambell.

A representante provincial en Vigo salientou a traxectoria dunha entidade que durante medio século contribuíu a defender e mellorar San Miguel de Oia. Igualmente, agradeceu o traballo de todas as persoas que ao longo destes 50 anos dedicaron tempo á súa parroquia.

Galerias de imaxes