A Deputación recupera a Bandeira de Traiñeiras tras quince anos e impulsa o Campionato Provincial de Bateis

Moaña acollerá o 21 de xuño o regreso da Bandeira Deputación de Pontevedra, que contará por vez primeira cunha categoría feminina

20/03/2026

A Deputación recupera a Bandeira de Traiñeiras tras quince anos e impulsa o Campionato Provincial de Bateis

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, anunciou este venres a recuperación da Bandeira Deputación de Pontevedra de Traiñeiras, que leva sen disputarse desde 2011, e a celebración do Campionato Provincial de Bateis.

Durante o acto de presentación que tivo lugar na sede que a administración provincial ten no Casco Vello de Vigo, no que participaron representantes da Federación Galega de Remo, do Club Remo Miño, do Club Remo Virxe da Guía, da SD Tirán-Pereira e da SD Samertolameu, Luisa Sánchez puxo en valor “un regreso que nos fai moita ilusión” e subliñou o compromiso da institución co deporte que goza de arraigo na provincia. “O remo forma parte do que somos, da nosa relación co mar e dunha cultura deportiva que pasa de xeración en xeración”, destacou.

Tras quince anos de ausencia, a Bandeira Deputación de Pontevedra de Traiñeiras volverá ao calendario e incluirá tanto a XXII edición masculina como a estrea da competición en categoría feminina. As dúas probas contarán coa participación dalgúns dos clubs máis destacados da provincia, que se darán cita o 21 de xuño en Tirán (Moaña). “É un paso imprescindible e moi agardado”, sinalou Sánchez, quen incidiu na importancia de seguir avanzando en igualdade, visibilidade e recoñecemento para as deportistas.

O Campionato Provincial de Bateis celebrarase os días 28 e 29 de marzo en Vigo. O evento contará coa participación dun cento de embarcacións de doce clubs diferentes, o que supón mobilizar a preto de 750 remeiros e remeiras, entre titulares e suplentes. Neste caso, competirán o mesmo número de tripulacións masculinas e femininas.

Esta proba terá carácter selectivo para o Campionato Galego, xa que só os catro primeiros de cada categoría nas finais lograrán o pase á seguinte fase, o que “garante un alto nivel competitivo”.

A vicepresidenta animou á cidadanía a achegarse a estas probas e apoiar aos clubs. “Desde a Deputación seguimos apostando polo deporte, e o remo é sen dúbida un dos nosos grandes embaixadores”, finalizou.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14964298,"groupId":"37861","name":"20262003_presentacion_sons_vigo_03.jpg","alt":"Luisa sanchez sons de vigo","title":"20262003_presentacion_sons_vigo_03.jpg","type":"document","uuid":"605aae3c-3bf8-21a6-0613-ae35adf9fe47","fileEntryId":"14964298","resourcePrimKey":"14964415"}

Luisa Sánchez valora a “proposta transversal e atractiva” do ciclo de festivais Sons de Vigo, que encherá de música o Ifevi durante cinco días

  20/03/2026

{"classPK":14962708,"groupId":"37861","name":"20261803_aniversario_bembrive_fs_01.jpg","alt":"Luisa Sánchez reivindica o Bembrive FS como \u201cun motivo de orgullo\u201d para Vigo no acto do seu 25º aniversario","title":"20261803_aniversario_bembrive_fs_01.jpg","type":"document","uuid":"e651ce53-3baf-952e-ba1c-674fc079a647","fileEntryId":"14962708","resourcePrimKey":"14962737"}

Luisa Sánchez reivindica o Bembrive FS como “un motivo de orgullo” para Vigo no acto do seu 25º aniversario

  19/03/2026

{"classPK":14920569,"groupId":"37861","name":"20261803_entrega_furgoneta_carballal_04.jpg","alt":"Luisa Sánchez anuncia a apertura da segunda convocatoria do programa Depo Van","title":"20261803_entrega_furgoneta_carballal_04.jpg","type":"document","uuid":"1e9f7e3b-072f-dc29-6834-cad97e43931e","fileEntryId":"14920569","resourcePrimKey":"14920584"}

Luisa Sánchez anuncia a apertura da segunda convocatoria do programa Depo Van, que reforza o apoio á mobilidade dos clubs da provincia cun millón de euros

  18/03/2026