Luis López mantén un encontro institucional co presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo

13/04/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo un encontro institucional co presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo. Unha reunión de traballo que serviu para abordar asuntos de interese mutuo e avanzar na colaboración entre ambas as institución para a organización de eventos deportivos. Neste sentido, o mandatario provincial lembrou que a Deputación ten a disposición destas entidades unha liña de subvencións para a organización de eventos e competicións deportivas dotada este ano con 550.000 euros e da que a Federación Galega foi beneficiaria en anos anteriores.

Galerias de imaxes