O XIV Festival Groba reunirá figuras internacionais da música de cámara do 16 ao 22 de agosto en Ponteareas

01/07/2026

O XIV Festival Groba reunirá figuras internacionais da música de cámara do 16 ao 22 de agosto en Ponteareas

A sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu a presentación da XIV Festival Groba, que se celebrará en Ponteareas do 16 ao 22 de agosto. O certame, dedicado á figura do compositor ponteareán Rogelio Groba, volverá reivindicar o seu legado artístico a través dunha programación que reunirá a destacados intérpretes internacionais nunha semana de concertos de cámara, coa participación de artistas como Anna Sarkisova, Hrachya Avanesyan, Jean-Baptiste Doulcet, Alena Baeva, Kyrill Zlotnikov, Pablo Diago Busto, Julien Quentin e o cuarteto surcoreano Ast Quartet, entre outros.

No acto participaron a vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o concelleiro de Cultura de Ponteareas, Juan Carlos González; e o director artístico do festival, Rogelio Groba Otero. A representante da Deputación animou a gozar desta oferta cultural, que exemplifica “como o talento local pode ter eco internacional”.