Luis López anuncia que o goberno fará balance este martes dos seus tres anos á fronte da Deputación nun acto que levará por título Valor EXTRA
“Son tres anos de transformación que non caben nun só acto; non son conquistas nosas senón de toda a provincia, e merecen ser compartidas en público”, sinalou o presidente
10/07/2026
O goberno da Deputación de Pontevedra fará balance o próximo martes 14 de xullo dos seus tres anos á fronte da institución. O presidente Luis López anunciou que o acto, que terá lugar ás 11:00 horas no Pazo provincial, “levará por título Valor EXTRA e contará coa participación de todos os deputados, e coa asistencia de cargos institucionais e membros da sociedade civil da provincia”.
O presidente da Deputación asegurou que “temos un Plan Extra, un pódcast titulado Minutos EXTRA, vivimos unha provincia extraordinaria e temos un Valor EXTRA como goberno: o dun traballo baseado en escoitar, entender e atender cun investimento histórico, cunha atención sen precedentes aos colectivos e cuns resultados dos que daremos conta o martes”.
Luis López sinalou que os tres anos da transformación levada a cabo polo goberno “non caben nun só acto, pero o martes divulgaremos os datos máis salientables” porque “non son conquistas nosas: son de toda a provincia e merecen ser compartidas en público”.
