Luis López asiste ao acto de lectura do pregón que dá inicio á Festa das Dores en Lalín
19/09/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste na praza da igrexa de Lalín ao acto de lectura do pregón que dá inicio ás festas patronais de Lalín en honor á Virxe das Dores. Unha cerimonia na que o artista local Damián Salvador Payo Cangado “Paío” foi o encargado de ler o pregón, que rematou co lanzamento do tradicional chupinazo por parte do alcalde José Crespo.
