Luis López asiste en Pontevedra á final do torneo EncestaRías de baloncesto

20/09/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra á final do torneo de baloncesto EncestaRías que se celebrou esta fin de semana na cidade do Lérez e no que participaron o Baskonia, Valencia Basket, Breogán e Real Madrid.

Un evento de alcance nacional que, antes en Vilagarcía e agora en Pontevedra, suma dez edicións e xa é un dos torneos clásicos de pretempada dos grandes equipos de baloncesto do país. Ano tras ano son centos os afeccionados ao baloncesto que acoden á cita cun EncestaRías que consolida a Pontevedra como a provincia do deporte.