Luis López participa en Madrid na sesión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables da FEMP

26/02/2026

Luis López participa en Madrid na sesión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables da FEMP

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar en Madrid na reunión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables, organismo dependente da FEMP e do que Luis López é vicepresidente segundo. A sesión, entre outros asuntos ordinarios, serviu para informar sobre a execución do convenio entre o Ministerio de Sanidad e a FEMP para a potenciación da Rede Española de Cidades Saudables, así como a aprobación do convenio co Ministerio de Sanidade e a FEMP para a implementación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención. Do mesmo xeito, aprobouse o plan de actuacións para o ano 2026 e informouse sobre a solicitude de participación na Fase VIII da Rede Europea de Cidades Saudables, sobre as actividades relacionadas co Comisionado de Saúde Mental e sobre as actuacións do ano 2026 derivadas do convenio coa AECC.

Galerias de imaxes