Luis López anuncia o incremento das axudas ao deporte de ámbito inferior ao estatal, que repartirán este ano un total de 700.000 euros

O presidente da Deputación sinalou que se trata dun incremento de 50.000 € respecto ao que recibían na anterior convocatoria, e asegurou que estes recursos se enmarcan “na nosa meta de construír a provincia do deporte”

24/04/2026

Luis López anuncia o incremento das axudas ao deporte de ámbito inferior ao estatal, que repartirán este ano un total de 700.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres un incremento das axudas ao deporte de ámbito inferior ao estatal, que chegan este ano a un crédito de 700.000 euros. Trátase dunha suba de 50.000 euros respecto á anterior convocatoria, na que se beneficiaron preto de 570 clubs, enmarcada “no noso obxectivo de construír a provincia do deporte por excelencia”, sinalou López.

Luis López lembrou que as axudas están divididas en dúas liñas, unha primeira destinada a clubs deportivos cuxa actividade principal se desenvolva no ámbito inferior ao estatal tanto cun equipo como cun deportista, e que conta cun crédito de 640.000 euros fronte aos 600.000 € de 2025, cando un total de 553 clubs se viron beneficiados. O máximo nesta categoría serán 3.000 €. A segunda liña está reservada aos clubs que participan cun equipo na competición de fútbol Preferente Galicia, que terán á súa disposición 60.000 euros. Trátase dunha sube de 10.000 euros respecto a 2025, cando se beneficiaron un total de 11 clubs. Nesta liña poden recibir ata 6.000 €, mil euros máis que o ano pasado.

Poderán empregar os recursos para financiar os gastos derivados da súa actividade, como federativos, de competición e adestramento, de adquisición de material deportivo ou sanitarios. Con esta liña “poñemos á disposicións dos clubs para que teñan todos os recursos cos que poderlle amosar ao mundo por que somos a provincia do deporte por excelencia e que non hai obstáculo que nos vaia impedir chegar á nosa meta”, sinalou o presidente provincial. Os clubs terán 20 días hábiles para solicitar as axudas unha vez se publiquen no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

videos

audios