Luisa Sánchez visita o adestramento do Bembrive FS e deséxalle sorte no inicio da nova tempada
15/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, visitou este martes o adestramento do Bembrive FS no Pavillón Municipal Vicente Álvarez, onde puido saudar a xogadoras e xogadores dos equipos nacional feminino, filial feminino e sénior masculino e desexarlles sorte ante o inicio da nova tempada. O club vigués sorprendeu á vicepresidenta regalándolle a camiseta da campaña 2026-27. A institución provincial apoia ao Bembrive FS a través das axudas que outorga ás entidades deportivas de ámbito estatal.
