A Deputación adxudica por valor de preto de 660.000 € a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-4001 de Ponteareas

“Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”, remarcou o presidente Luis López

30/01/2026

Rolda de prensa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación por valor de preto de 660.000 € da mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-4001 ao seu paso polo Concello de Ponteareas. “Seguimos -remarcou o presidente provincial Luis López- sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

A actuación en Ponteareas abrangue un tramo de 900 metros, entre os puntos quilométricos 0+810 e 1+710, que se sitúa, tal e como informou o presidente, entre o IES Pedra da Agua e a parroquia de Fontenla. Trátase dun tramo que, a pesar de ser considerada estrada rural, atópase nunha contorna urbanizada e con edificacións nas marxes.

Con estes recursos que acaba de adxudicar a Deputación de Pontevedra darase prioridade ao tránsito peonil, con máis marxe para as beirarrúas e coa creación de zonas de convivencia. Tamén se implantarán pasos de peóns sobreelevados e outras medidas de calmado de tráfico e completarase a intervención coa renovación da iluminación e doutros servizos públicos básicos.

videos

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.