Luis López anuncia que a Deputación sacará a contratación as obras de mellora da estrada de Monte Alto, en Baiona, por preto dun millón de euros

O presidente informou do visto bo ao expediente de contratación das obras na EP-2203, unha demanda histórica da veciñanza de Baredo, coas que se creará sendas peonís e unha zona de convivencia e se ampliará o ancho da plataforma nun treito de 900 metros

13/02/2026

Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres de que a Xunta de Goberno da institución provincial deu luz verde ao expediente de contratación das obras de mellora da mobilidade peonil que se van realizar na EP-2203 Baredo-E.P. Baiona-Loureza, coñecida como a estrada de Monte Alto, por valor de preto dun millón de € (984.000 euros). As obras responderán unha demanda histórica da parroquia de Baredo.

As obras comprenden un treito de 900 metros, entre a ponte en Outeiro, a fonte no Río e a conexión entre Monte Alto e o barrio de Río Pequeno, mellorando tamén os accesos aos barrios de Baredo e ao campo de fútbol Val de Martín. A actuación incrementará o espazo dispoñible para os peóns, coa creación de dous tramos de senda de 2,5 metros de ancho que permitirán un itinerario continuo, seguro e accesible, ademais de crear unha zona de convivencia no núcleo do Río, xa que o ancho da infraestrutura non permite o cumprimento das condicións de accesibilidade. A construción da senda levará consigo nalgúns puntos a construción de muros de contención, e beiravías que formarán parte da rede de drenaxe da estrada.

Tamén se ampliará o ancho da plataforma co fin de mellorar o trazado nun treito curvo da estrada de 80 metros na conexión co barrio de Fontes, en Baíña, e suprimirase outro estreitamento para dar continuidade á sección prolongando a cuneta revestida. As obras contemplan tamén actuacións de renovación da rede de drenaxe, o soterramento da rede de alumeado público e a substitución de luminarias por novas de tecnoloxía LED, a dotación dunha varanda urbana e outra sobre a ponte, a dotación de dous pasos peonís como medida de calmado do tráfico, a renovación da sinalización e a dotación dunha marquesiña e un banco.

O presidente Luis López sinalou que esta aprobación permite “seguir sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e para avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14292017,"groupId":"37861","name":"20251226_pleno-depo_03.jpg","alt":"Aprobación definitiva orazamento 2026","title":"20251226_pleno-depo_03.jpg","type":"document","uuid":"1b3eaff5-9a52-ede0-6ed1-6b904839b3a6","fileEntryId":"14292017","resourcePrimKey":"14292048"}

O pleno da Deputación aproba de xeito definitivo un orzamento de récord, de 238M€, que entrará en vigor o 1 de xaneiro para seguir a carón dos concellos e os colectivos

  26/12/2025

{"classPK":11782820,"groupId":"37861","name":"20241213_roldaprensa_rafaestevez_006.jpg","alt":"rolda de prensa de Luis López","title":"20241213_roldaprensa_rafaestevez_006.jpg","type":"document","uuid":"407e5896-b3e6-2516-345b-a5461d6aef6f","fileEntryId":"11782820","resourcePrimKey":"11782838"}

Luis López anuncia un investimento de preto dun millón de euros na mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-2203 Baredo-EP Baiona-Loureza

  13/12/2024

{"classPK":11039417,"groupId":"37861","name":"20240807_baiona_rafaestevez_09.jpg","alt":"O presidente provincial, xunto coa deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo; e o deputado e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña","title":"20240807_baiona_rafaestevez_09.jpg","type":"document","uuid":"2ebe4382-c40b-83c3-f8e5-e82f5b8e0663","fileEntryId":"11039417","resourcePrimKey":"11039449"}

Luis López destaca un investimento da Deputación de 120.000 euros para mellorar a mobilidade, a seguridade e a imaxe da estrada entre Baiona e Loureza

  07/08/2024