A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao decisivo partido entre As Celtas e o Sárdoma
22/03/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao partido que disputaron As Celtas e o Sárdoma no marco da Terceira Federación de Fútbol Feminino. Sánchez puido gozar nas instalacións da Madroa dun encontro decisivo, xa que tanto un equipo como o outro, terceiro e cuarto clasificado respectivamente con 59 e 57 puntos, tiñan as mesmas posibilidades de ascenso á Segunda Federación segundo o resultado deste sábado.
