Luisa Sánchez clausura o XVIII Congreso Internacional de Turismo na Universidade de Vigo
02/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á clausura do XVIII Congreso Internacional de Turismo organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, co turismo transfronteirizo como eixo central. O encontro abordou a cooperación para contribuír ao desenvolvemento turístico sostible, tomando o río Miño como referencia para o aproveitamento do patrimonio natural, histórico e gastronómico de Galicia e o norte de Portugal.
O proxecto vincúlase a Visit Rio Minho Plus, proxecto europeo no que a Deputación de Pontevedra participa como institución socia, xunto con outras entidades galegas e portuguesas. Luisa Sánchez salientou a aposta da institución provincial polos puntos de promoción turística situados en concellos próximos á fronteira con Portugal, así como pola desestacionalización das visitas a través do turismo deportivo ou o astroturismo. Tamén puxo en valor as estatísticas “récord” que está a alcanzar o destino Rías Baixas.