Luisa Sánchez participa no encontro que reuniu a afeccionados e estrelas do balonmán en Vigo

03/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou no ‘Media Day’ das Supercopas de balonmán celebrado na praza da Estrela de Vigo, onde compartiu con afeccionados e protagonistas das competicións unha tarde marcada polo contacto directo cos deportistas, que asinaron autógrafos e sacaron fotografías cos seareiros. Así, a responsable provincial puxo en valor o ambiente xerado na praza: “Este tipo de encontros tamén forman parte do deporte”, sinalou.

Durante a súa intervención, Luisa Sánchez agradeceu a presenza de xogadores e xogadoras que estes días compiten en Vigo na Supercopa Ibérica masculina -co FC Barcelona, FC Porto, Sporting CP e Bidasoa Irún- e na Supercopa de España feminina -co Rocasa Gran Canaria e o Super Amara Bera Bera- e salientou a satisfacción da Deputación por converter a cidade nun punto de encontro para o balonmán de elite.

Galerias de imaxes