Rafa Domínguez participa na inauguración de Móvete. Salón do motor
02/10/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres no acto de inauguración da décima edición de “Móvete. Salón do motor”, que se estenderá ata o domingo 4 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. O evento reúne aos principais actores do sector do motor e sitúase como un espazo de referencia para a presentación das últimas novidades.