A Deputación lanza a Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos (OTAC) e avanza cara unha administración máis áxil e transparente en tres anos de goberno

Ademais do lanzamento da OTAC, prestouse unha especial atención aos concellos no ámbito tecnolóxico, cun plan provincial para que acaden a certificación do Esquema Nacional de Seguridade e facilitando servizos como a administración electrónica ou o padrón municipal de habitantes

22/07/2026

A Deputación lanza a Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos (OTAC) e avanza cara unha administración máis áxil e transparente en tres anos de goberno

A Deputación de Pontevedra lanza unha Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos (OTAC) e avanza cara unha administración máis áxil e transparente en tres anos de goberno. “A política de atención aos concellos non se limita só aos fondos ou a executar os proxectos que eles non poden -asegurou o presidente provincial Luis López-. Vai máis aló. Trátase de aforrar custos e rachar barreiras coa tecnoloxía e de aí nace a administración electrónica, a dixitalización do padrón, a plataforma de contidos DepoPlay ou a Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos”.

“En tres anos puxemos en marcha moitas iniciativas desde o servizo de Novas Tecnoloxías para impulsar unha modernización desta provincia sen precedentes que, sen dúbida algunha, marca un antes e un despois na dixitalización e nos converte nun territorio máis moderno, avanzado e tecnolóxico”, remarcou o deputado responsable da área Ricardo Martínez. Entre todas as iniciativas impulsadas, destacou a OTAC como “espazo aberto aos concellos, desde o que estamos a liderar a transformación dixital, con servizos públicos seguros, modernos, homoxéneos e de calidade para construír unha provincia conectada e dixital”. Ademais, tamén recordou que nestes tres anos conseguiuse a certificación do Esquema Nacional de Seguridade e púxose en marcha un plan provincial para que os concellos tamén a poidan acadar.

Sen deixar de poñer o foco nos concellos, desde Novas Tecnoloxías, tal e como recordou Martínez, prestáronse servizos como a administración electrónica ou o padrón municipal de habitantes e creáronse outros adaptados e personalizados ás súas necesidades, para que poidan prestar unha atención de maior calidade á cidadanía. Tamén se puxo a disposición dos concellos acordos marco para racionalizar a contratación, reducir a carga administrativa e fornecer solucións homoxéneas.

Ademais, nestes tres anos de goberno impulsouse, por vez primeira na historia da Deputación, un Plan Estratéxico de Transformación Dixital, co obxectivo -segundo remarcou o deputado provincial Ricardo Martínez- de definir a folla de ruta en materia tecnolóxica da provincia para os vindeiros anos. Por outra banda, avanzouse cara unha administración mais áxil e transparente, apostando pola automatización de procesos e pola gobernanza, impulsando iniciativas como a plataforma dixital audiovisual de contidos da Deputación (DepoPlay), ou dixitalizando espazos como as Ruínas de San Domingos, favorecendo a súa conservación e xestión.

Galerias de imaxes