A Deputación adxudica a transformación da EP-3102 ao seu paso polos concellos de Tomiño, Gondomar e Baiona por máis de 600.000 euros

As obras incluirán a reposición do firme nun tramo de máis de nove quilómetros, ademais de nova instalación de sinalización horizontal para garantir a seguridade da estrada

28/08/2026

A Deputación adxudica a transformación da EP-3102 ao seu paso polos concellos de Tomiño, Gondomar e Baiona por máis de 600.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a adxudicación das obras de mellora da seguridade viaria na EP-3102 Tomiño-Sabarís. O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, sinalou que a oferta gañadora suporá un investimento de máis de 608.000 euros para a transformación dun tramo de máis de nove quilómetros ao seu paso polos concellos de Tomiño, Gondomar e Baiona

A actuación desenvolverase por diferentes puntos e treitos continuos dese treito, onde é necesario proceder á reposición integral do firme, á mellora do sistema de drenaxe lonxitudinal e transversal e á renovación tanto da sinalización horizontal como dos sistemas de contención de vehículos. Entre as actuacións proxectadas atópanse o fresado das capas superficiais do pavimento, que se reporá con novos materiais, a instalación de novas conducións de drenaxe, a execución de novas cunetas e arquetas de formigón, a dotación de nova sinalización horizontal ou a instalación de novas barreiras metálicas de seguridade, entre outras.

O vicepresidente provincial destacou que investimentos como este “permítennos contar cunhas vías provinciais modernas e seguras tanto para o tránsito de vehículos como para os peóns, cos maiores estándares de calidade e un compromiso firme co conxunto do territorio”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.