A Deputación estrea este venres en Cangas de Morrazo a nova edición do programa +Convivir, que chegará a máis de 30 concellos entre 2026 e 2027
A primeira xornada terá lugar no adro da Igrexa de Santa María de Darbo a partir das 16:30 horas e incluirá actividades formativas e lúdicas. Está previsto que asistan o presidente Luis López, o vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado Javier Tourís
16/09/2026
A Deputación de Pontevedra estrea este venres 18 de setembro unha nova edición do programa provincial +Convivir en Cangas de Morrazo. O adro da igrexa de Santa María de Darbo será o escenario a partir das 16:30 horas desta xornada lúdica e formativa dirixida ao movemento veciñal á que asistirán o presidente da Deputación, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez, así como o deputado Javier Tourís.
A xornada que se celebrará este venres en Cangas de Morrazo prevé sumar a asistencia de centos de persoas que desfrutarán dun obradoiro de primeiros auxilios da man de Manuel Viso, douto de risoterapia a cargo de Mónica Novas e dunha actividade de ximnasia de mantemento a cargo de Toni Garrido. Pecharase o programa +Convivir en Cangas de Morrazo cunha merenda dinamizada con música dun DJ.
O programa +Convivir, que chegará a arredor dunha trintena de concellos entre este ano e o próximo, concentrou a máis de 10.000 persoas nas dúas anteriores edicións. Neste 2026 desenvolveranse xornadas en Poio, As Neves, Marín, Rodeiro, Ponteareas, A Estrada, Meaño, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Valga e continuará con novas citas no 2027.