A Deputación leva a galardoada campaña Cando volves?, centrada no interior da provincia, á Feira Internacional do Turismo de Interior INTUR de Valladolid

Turismo Rías Baixas contará cun stand propio neste encontro internacional co obxectivo de reforzar o posicionamento de Rías Baixas como destino de interior

13/11/2025

A Deputación de Pontevedra leva a galardoada campaña Cando volves?, centrada no interior da provincia, á Feira Internacional do Turismo de Interior INTUR, que terá lugar deste este xoves e ata o 16 de novembro en Valladolid. Turismo Rías Baixas participará cun stand propio neste encontro co obxectivo de divulgar a oferta turística de Rías Baixas, reforzar o seu posicionamento como destino de interior e avanzar na internacionalización e desestacionalización do turismo da provincia.

Para a institución provincial, a participación en INTUR é unha oportunidade única para amosar a posibles visitantes o gran potencial do interior da provincia. Esta feira engloba propostas de cultura, natureza e enogastronomía, e neste eido, o destino Rías Baixas amosará as múltiples facetas e posibilidades que ofertan os 61 concellos da provincia. Ademais, INTUR é o principal evento especializado en turismo de interior de España, que reunirá a máis dun millar de destinos nacionais e internacionais, empresas do sector turístico, axencias, operadores e medios especializados. Deste xeito, a través da participación neste encontro, a Deputación tamén pretende xerar contactos profesionais cos que poder mellorar a comercialización turística do destino.

A promoción do interior é a grande aposta do goberno provincial dentro da súa estratexia turística e por vez primeira este ano protagoniza a campaña anual de Turismo Rías Baixas, Cando volves? Nesta peza audiovisual os lugares do interior da provincia son protagonistas, así como a hospitalidade e o carácter acolledor da súa xente. Ata a data Cando Volves? suma xa cinco distincións internacionais: no Terres Travel Festival de Tortosa, en Tarragona; no US International Awards de Los Ángeles, en Estados Unidos; no International Tourism Festival Africa; no Japan World´s Tourism Film Festival; e no Cannes Corporate Media & TV Awards.

Novas relacionadas

{"classPK":14198179,"groupId":"37861","name":"20251205_jesus-vazquez-almuina-premio-cando-volves.jpeg","alt":"Jesús Vázquez Almuíña","title":"20251205_jesus-vazquez-almuina-premio-cando-volves.jpeg","type":"document","uuid":"d758692b-9657-e8e2-1657-3ee68db9b401","fileEntryId":"14198179","resourcePrimKey":"14198256"}

A Deputación recibe en Guimarães un novo recoñecemento para Cando volves?, que se sitúa entre as cinco mellores películas do mundo nos World Tourism Film Awards, os “Óscar” do turismo

  05/12/2025

{"classPK":14063231,"groupId":"37861","name":"20251124_almuina_cando-volves_gran-via.jpg","alt":"O deputado de Turismo Rías Baixas, Jesús Vázquez Almuíña co alcalde de Madrid","title":"20251124_almuina_cando-volves_gran-via.jpg","type":"document","uuid":"f0123e53-e119-f075-f063-bb183b549834","fileEntryId":"14063231","resourcePrimKey":"14063319"}

A Deputación leva a campaña Cando volves? á Gran Vía de Madrid, cun potencial de máis dun millón de impactos

  24/11/2025

{"classPK":13869935,"groupId":"37861","name":"20251028_LuisLopez_WorkshopTurismo_Zaragoza_4.jpg","alt":"Luis López Workshop Turismo Zaragoza","title":"20251028_LuisLopez_WorkshopTurismo_Zaragoza_4.jpg","type":"document","uuid":"2a303b56-2812-f246-5432-658c565d3109","fileEntryId":"13869935","resourcePrimKey":"13870032"}

Luis López enxalza as Rías Baixas como un destino ideal “ás portas do inverno” nun encontro entre 25 empresas do destino e profesionais do sector en Zaragoza

  29/10/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.