Luis López enxalza as Rías Baixas como un destino ideal “ás portas do inverno” nun encontro entre 25 empresas do destino e profesionais do sector en Zaragoza

O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Jesús Vázquez Almuíña, encabeza unha expedición pontevedresa para divulgar os produtos turísticos de Rías Baixas, como o Museo e o os Castelos, pasando polo atractivo do interior

29/10/2025

Luis López Workshop Turismo Zaragoza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presenta as Rías Baixas como un destino cunha oferta diversa e de calidade do que desfrutar en calquera época do ano. Fíxoo nun encontro con operadores turísticos da cidade e provincia de Zaragoza enmarcado na estratexia de promoción da provincia posta en marcha pola Deputación a través da premiada campaña "Cando Volves?" e no que tamén están a participar representantes de 25 empresas do sector turístico da provincia co obxectivo de atraer visitantes, seguir ampliando o os distintos perfís de turistas que chegan ás Rías Baixas e avanzar na desestacionalización do destino.

"Pódese falar de turismo nas Rías Baixas ás portas do inverno Si, pódese e débese", comezou o presidente provincial o seu discurso para presentar o destino aos profesionais do sector turístico zaragozano. "Porque os datos confirman que as Rías Baixas son o destino líder en Galicia e na España verde, con cada vez máis turistas nacionais e internacionais, porque a nosa campaña 'Cando Volves?' presenta por primeira vez a nosa provincia sen amosar un só metro de praia, porque as Rías Baixas son un territorio formado por 61 concellos, de costa e interior que merece a pena descubrir; e porque a provincia conta cun catálogo de experiencias amplo e da máxima calidade para desfrutar en calquera época do ano", argumentou o dirixente.

Neste workshop celebrado no Centro de Congresos Mobility City de Zaragoza, Turismo Rías Baixas deseñou unha presentación do destino no que os operadores locais e os chegados da provincia puideron desfrutar da música de Carolina Vázquez, da degustación de produtos gastronómicos propios das Rïas Baixas e dun sorteo de experiencias e premios relacionados co turismo na provincia. Un evento que a Deputación aproveitou para dar a coñecer o Museo de Pontevedra e os castelos de Soutomaior e Sobroso. Nesta xornada participaron membros do goberno aragonés como a vicepresidenta Mar Vaquero e o conselleiro de Presidencia, Ángel Loren; así como a alcaldesa de Zaragoza, Natalia Chueca; ademais do deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña; e a directora de Turismo, Romina Fernández. O evento completouse coa proxección de dúas pezas audiovisuais para dar a coñecer os distintos produtos turísticos que ofertan as Rías Baixas fóra da tempada de verán.

"Nas Rías Baixas sempre nos caracterizamos por ser unha acolledora que fai sentir ao visitante coma na casa. Esa calidade de vida, que noutros lugares chaman slow life, é a que fai que quen probe as Rías Baixas, sempre volva. Unha provincia sustentable, ligada ao territorio e conectada á natureza na que o visitante sempre é benvido", concluíu o presidente que convidou aos profesionais dun e doutro territorio a tender pontes de colaboración para seguir xerando riqueza e impulsando un turismo sustentable e de calidade.

Enlaces de interés

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 11 resultados.