Luisa Sánchez entrega o trofeo de campión da Copa Deputación feminina ao CD Valladares

07/06/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, entregou este domingo ao CD Valladares o trofeo de campión da Copa Deputación feminina tras impoñerse ao Lóstrego CF por 3-2 na final da competición provincial, disputada no campo federativo de Coia. Coa esta vitoria, o conxunto vigués sucede ao Domaio FC como vencedor do torneo. Luisa Sánchez felicitou ao club gañador por este éxito e ao Lóstrego polo seu brillante subcampionato. A vicepresidenta salientou a contribución que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra na promoción do deporte feminino.

Galerias de imaxes