Rafa Domínguez remarca a necesidade de “seguir defendendo a democracia” na conversa “50 anos de transición española” celebrada no Museo de Pontevedra

30/09/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores no Museo de Pontevedra na conversa “50 anos de transición española” xunto co exalcalde de Pontevedra e exdeputado nacional José Rivas Fontán, o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, José Julio Fernández Rodríguez, e os estudantes universitarios Irene Curty Novoa e Rodrigo García Seco. “Como responsables políticos temos que seguir defendendo a democracia, a liberdade e a convivencia”, asegurou o vicepresidente provincial nas súa intervención, na que destacou a importancia de “conversas como esta” como “fundamentais e cruciais para seguir defendendo a democracia”.