Rafa Domínguez participa na entrega de medallas das dúas últimas competicións da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra 2026
27/09/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este domingo nos actos de entrega de medallas das últimas dúas competicións que acolleu Pontevedra no marco da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra 2026: elite masculino e grupos de idade de relevos mixtos.
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon é un evento de impacto global no que participaron máis de 5.000 atletas de 83 países e que conta co apoio da institución provincial dentro do seu obxectivo de converter Pontevedra na provincia do deporte. Desde o xoves ata o domingo a cidade de Pontevedra foi escenario das finais masculina e feminina en categoría elite, sub-23, xuvenil, grupos de idade, paratríatlon, relevos e aquabike, así como cunha extensa programación de actuacións musicais.
