A Deputación dá comezo aos primeiros obradoiros do programa Provincia activa, co que busca impulsar o envellecemento activo

Este semana inician os talleres preto de 211 persoas maiores de 11 asociacións de Moraña, A Estrada, Ribadumia, Vigo, Marín, Pontevedra, Mos, O Rosal, Cangas de Morrazo e Vilagarcía de Arousa

07/09/2026

A Deputación de Pontevedra iniciou este luns 7 de setembro os obradoiros do programa Provincia activa deste 2025, co que a institución impulsa o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, fomenta a participación e crea espazos de encontro e intercambio de experiencias. Ata 211 persoas maiores de 11 asociacións de Moraña, A Estrada, Ribadumia, Vigo, Marín, Pontevedra, Mos, O Rosal, Cangas de Morrazo e Vilagarcía de Arousa son as primeiras que poderán desfrutar das actividades formativas do programa a partir desta semana.

Desta maneira, este luns 7 de setembro 15 persoas da Asociación de Veciños de Desenvolvemento Rural de Alberguería (Moraña) comezaron o curso de risoterapia e 18 da Asociación Veciñal da Terra de Guimarei (A Estrada) o de xogo e diversión. O martes 8 de setembro, 19 membros da Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes (Ribadumia) darán inicio ao obradoiro de conservando a memoria e 23 de ATEGAL (Vigo) o de bailes de salón. Xa o mércores 9 serán 23 as persoas da Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro (Marín) as que comezarán o curso de restauración de mobles e tapicería e 22 da Asociación Veciñal e Cultural de Cacheiro (Pontevedra) o de pandeireta e canto popular. No caso do xoves 10 de setembro 15 usuarios da Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e de Consumidores e Usuarios de Lavadores (Vigo) darán inicio ao curso de pandeireta e canto popular, o mesmo que comezarán 15 persoas da Asociación Recreativa e Cultural de Guizán (Mos) o venres 11. Ese mesmo día, 23 persoas da Asociación Cultural Persoas Maiores O Rosal (O Rosal) comezarán o curso de bailes de salón e outras 23 da Asociación de Pensionistas de Ariño Aldán (Cangas de Morrazo) o de conservando a memoria. Por último, o sábado 12 de setembro 15 usuarios da Fundación Residencia Divina Pastora (Vilagarcía de Arousa) comezarán o de musicoterapia.

En total, a Deputación ofertou neste 2026 un total de 25 obradoiros no catálogo de Provincia Activa divididos en seis bloques temáticos ‘Benestar natural’, ‘Saúde en movemento’, ‘Emociónate’, ‘Outra vida’, ‘Con ritmo!’, ‘Redeir@s’ e ‘Cerebro activo’. Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 210.000 euros e desfrutarán dos obradoiros 160 entidades de 44 concellos da provincia.