
#BENESTAR SOCIAL
Provincia activa
A Deputación de Pontevedra oferta 130 obradoiros para promover o envellecemento activo das persoas maiores da provincia
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en funcionamento este ano o programa “Provincia activa” 2025 coa finalidade de favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través da súa participación en obradoiros temáticos.
Este programa conta cun orzamento de 145.916,20 euros e ten como finalidade favorecer a participación e a cooperación social, así como promover espazos de encontro e intercambio de experiencias que permitan fomentar a independencia das persoas maiores e así evitar o illamento e as situacións de soidade.
A institución porá á disposición das persoas xubiladas e pensionistas un total de 130 obradoiros, con 25 prazas en cada un, o que supón a participación de máis de 3.000 persoas. Así, ofértanse os seguintes obradoiros: Benestar Natural, Saúde en Movemento, Emociónate, Outra Vida, Con Ritmo! e Redeir@s. Cada un terá unha duración de 30 horas e impartirase en xornadas de entre unha a tres horas á semana.
Só se poderá adxudicar un obradoiro por entidade, que terá un custo de sete euros por persoa participante.
Ligazóns de interese
- Bases (BOPPO 19/12/2024)
- RP aprobando a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas (BOPPO 18/02/2025)
- Anuncio relativo á publicación da aprobación das listas definitivas de entidades admitidas e excluídas xunto coas causas de exclusión destas últimas e proposta de adxudicación dos 130 obradoiros e da lista de agarda (BOPPO 24/03/2025)
- Tramitación en sede.depo.gal
Documentos
-
Catálogo de obradoiros (pdf)
-
Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas (18/02/2025)
-
Lista definitiva de solicitudes admitidas (24/03/2025)
-
Lista definitiva de solicitudes excluídas (24/03/2025)
-
Lista definitiva de solicitudes en lista de agarda (24/03/2025)
-
Lista definitiva de 130 entidades con obradoiro adxudicado (24/03/2025)