A Deputación organiza no Museo de Pontevedra a segunda xornada do seminario sobre Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas

Será este venres 19 de xuño ás 18:00 horas coa conferencia de José Luis Varela Alén e a proxección de “Roma, 1974”, de Beatriz Ruibal, presentada pola artista

15/06/2026

O Museo de Pontevedra acolle este venres 19 de xuño a segunda das dúas xornadas que forman o seminario ‘Tecendo pinturas. As artes de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas’, un espazo para a análise destes dous artistas que se desenvolve en paralelo á exposición sobre a obra de ambos que se pode visitar no Museo ata o 28 de xuño. Desde as 18:00 horas no Edificio Castelao terá lugar a conferencia de José Luis Varela Alén sobre a traxectoria de Agustín Pérez Bellas como arquitecto, e a proxección de “Roma, 1974”, unha peza audiovisual de Beatriz Ruibal que presentará a propia artista. O seminario está dirixido por Cristina Villaverde Ruibal, comisaria da exposición. O acceso é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.

No seminario unha serie de especialistas analizan, con distinta voz e contidos, os tempos que lle tocou vivir a esta parella de artistas, intensamente comprometida coa creación e a cultura desde os anos cincuenta do século pasado. Abrirá esta segunda sesión o arquitecto José Luis Varela Alén, cunha conferencia sobre o papel como arquitecto de Agustín Pérez Bellas, que permanece oculto, acrecentado polo esquecemento e pola desaparición de moitos dos seus proxectos realizados. Pérez Bellas irrompe con innovadoras ideas axitando a decimonónica linguaxe establecida pola xeración anterior. Desligar o Pérez Bellas arquitecto do Agustín pintor é case imposible. Redescubrir a súa obra construída, e como esta transcorre de xeito paralelo á súa outra vertente creativa, permite recompoñer por completo a súa contundente silueta.  

Para rematar, a artista visual Beatriz Ruibal presentará “Roma, 1974”. Unha bolsa da Academia de España en Roma foi a oportunidade para desenvolver un proxecto que a artista tiña en mente desde que herdara unha serie de películas en Súper 8 con gravacións de membros da comunidade internacional de artistas e intelectuais que habitaron no barrio romano de Trastevere na década dos setenta do século pasado. As películas herdounas da súa tía Mercedes Ruibal e do seu tío Agustín Pérez Bellas, pintores que tiveron un estudio aberto neste barrio e que formaron parte desa comunidade. 

A través de fotografías dos lugares, textos, entrevistas a personaxes, documentos da época, testemuños e audiovisuais, Beatriz Ruibal trata de recuperar a memoria desa comunidade formada por poetas, pintores e cineastas, na que todas e todos xogaron un papel fundamental na historia e cultura italianas, coma o poeta Rafael Alberti e a escritora María Teresa León, o pintor Carlo Quattruci, o pintor e escultor Alessandro Kokocinski, o carteiro Peppe Militello, e todos canda Mercedes e Agustín. 

A primeira xornada deste seminario desenvolveuse o 28 de maio pasado, coa participación de Cristina Villaverde Ruibal, Marga do Val, Xosé Enrique Acuña e Graciela Baquero. Este seminario forma parte da programación do Museo de Pontevedra polo centenario do nacemento de Mercedes Ruibal, completando a exposición que lle dedica a ela e á súa parella, Agustín Pérez Bellas, e que se pode visitar ata o último domingo de este mes, 28 de xuño, no Edificio Castelao. 

 

Novas relacionadas

{"classPK":15853761,"groupId":"37861","name":"imaxe_arte_en_parella_1.jpg","alt":"A Deputación organiza un seminario no Museo para analizar a vida e obra de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas","title":"imaxe_arte_en_parella_1.jpg","type":"document","uuid":"cc0f5790-4c77-0eba-da26-6dd8d24fddf2","fileEntryId":"15853761","resourcePrimKey":"15853848"}

A Deputación organiza un seminario no Museo para analizar a vida e obra de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas

  25/05/2026

{"classPK":15329909,"groupId":"37861","name":"RS44797_20260429_rafadominguez_museo_jphilippot_06.JPG","alt":"A Deputación activa as visitas guiadas á exposición antolóxica sobre Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas no Museo de Pontevedra","title":"RS44797_20260429_rafadominguez_museo_jphilippot_06.JPG","type":"document","uuid":"3800c2f4-7d86-d81c-8e1e-04a11babbb93","fileEntryId":"15329909","resourcePrimKey":"15329924"}

A Deputación activa as visitas guiadas á exposición antolóxica sobre Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas no Museo de Pontevedra

  05/05/2026

{"classPK":15289603,"groupId":"37861","name":"20260429_rafadominguez_museo_jphilippot_04.jpg","alt":"A Deputación reivindica as traxectorias artísticas de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas na exposición \u2018Arte en parella\u2019 que acollerá desde este xoves o Museo de Pontevedra","title":"20260429_rafadominguez_museo_jphilippot_04.jpg","type":"document","uuid":"177f73ca-d456-0539-da14-f0928e366fa5","fileEntryId":"15289603","resourcePrimKey":"15289623"}

A Deputación reivindica as traxectorias artísticas de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas na exposición ‘Arte en parella’ que acollerá desde este xoves o Museo de Pontevedra

  29/04/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.