Luisa Sánchez asiste á presentación do libro que percorre os 138 anos de historia do grupo empresarial Babé y Cía

21/10/2026

Luisa Sánchez asiste á presentación do libro que percorre os 138 anos de historia do grupo empresarial Babé y Cía

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu na Sede Afundación de Vigo á presentación do libro ‘Do refino de petróleo á loxística e o transporte. 138 anos de Babé e Compañía’, unha obra que recompila a traxectoria dunha das empresas familiares con maior percorrido de Galicia. O libro repasa os principais fitos da evolución da firma, fundada en 1888, e a súa capacidade de adaptación aos cambios económicos e industriais de máis dun século de historia. Na actualidade, o grupo mantén a súa sede en Vigo e opera no transporte de mercadorías perigosas e outros materiais en España e Portugal. A publicación recupera a memoria dunha compañía ligada ao desenvolvemento industrial vigués e á historia empresarial da provincia de Pontevedra.