A Deputación acolle ata o vindeiro venres no Pazo provincial a exposición “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”
A mostra, promovida pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo de Fotoxornalistas de Galicia, recolle 82 fotografías, inéditas ou publicadas, realizadas por profesionais que desenvolven o seu traballo na comunidade autónoma
26/10/2026
Últimos días para visitar no Pazo provincial da Deputación a mostra “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”. A exposición, promovida pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo de Fotoxornalistas de Galicia, recolle 82 fotografías, inéditas ou publicadas, realizadas por profesionais que desenvolven o seu traballo na comunidade autónoma.
A mostra, que vai pola segunda edición, xurdiu dos encontros que mantiveron a Asociación de Periodistas e o Colectivo de Fotoxornalistas, co obxectivo de poñer en valor e facer visible o traballo dos reporteiros gráficos en Galicia, divulgando o seu protagonismo na comunicación do acontecer cotiá. Ademais, as imaxes están acompañadas por lendas de corte literario, elaboradas por xornalistas que tamén desenvolven a súa labor na comunidade.
“A Galicia inédita” presenta desde conflitos laborais, ata festas e manifestacións artísticas, eventos ou prácticas deportivas, actividades económicas e culturais, espazos e fenómenos naturais, elementos relacionados coa gastronomía, a relixión ou coa familia, ademais de paisaxes que afondan en diferentes espazos de Galicia.