Exposición

Banda deseñada

Premios Provinciais á Xuventude 2021-2024

Do 9 ao 31 de outubro de 2025

Pazo provincial da Deputación de Pontevedra


A exposición "Banda deseñada. Premios Provinciais á Xuventude 2021-2024" recolle os traballos premiados na categoría de banda deseñada dos Premios Provinciais á Xuventude dos últimos catro anos. A arte e a creatividade destas mozas e mozos da provincia pasa pola súa propia experiencia e vivencias persoais, e tamén polo terreo da ficción, o que demostra a súa capacidade de aprendizaxe e inspiración para as súas obras e en artistas profesionais de referencia, ademais dun talento propio.

Esta mostra continúa a iniciativa que comezou o pasado ano coa exposición dos traballos premiados na categoría de fotografía orixinal, co obxectivo de lle dar a coñecer ao público, neste formato, as creacións e artistas destacados nos Premios Provinciais á Xuventude.

Banda deseñada:
  • ÁNXEL CARRAMAL FERNÁNDEZ
  • SABELA DOMÍNGUEZ COSTA
  • LUCÍA RODRÍGUEZ CID
  • ICIAR PAZ ALONSO
  • MANUEL ALEJANDRO VÁZQUEZ BÚA
  • ANDRÉS CHINCHILLA ARGIBAY
  • DENIS CARBALLAS RIVEIRO
  • EVA PENA FANDIÑO
  • ENRIQUE RABADÁN TORRES
Créditos
  • Exposición organizada polo Servizo de Xuventude e Reto Demográfico da Deputación de Pontevedra
  • Coordinación: Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra
  • Comisariado: Begoña Fernández Lorenzo. Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra
  • Deseño: Servizo de Comunicación Institucional da Deputación de Pontevedra
  • Revisión de textos: Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra
  • Produción: Planoprint Artes Gráficas
  • Montaxe: Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra

Ligazóns de interese

Documentos