#XUVENTUDE

Premios Provinciais á Xuventude

Promover o talento e o potencial da mocidade da provincia

A Deputación de Pontevedra lanza a X edición dos Premios Provinciais á Xuventude para promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia. A institución repartirá 36.000 euros entre os mellores proxectos nun total de once categorías


A Deputación de Pontevedra pon en marcha a X edición dos Premios Provinciais á Xuventude a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico. O obxectivo destes galardóns é promover o talento da mocidade da provincia e recoñecer a calidade dos traballos realizados nun total de once categorías: iniciativas xuvenís, iniciativa empresarial, educación en valores, investigación, contido audiovisual, traballo musical, traballo literario breve, banda deseñada, fotografía orixinal, deseño e moda e iniciativas xuvenís dos concellos.

Estes premios están dirixidos, principalmente, a persoas de entre 15 e 35 anos.

Nalgunhas categorías tamén están dirixidos a asociacións xuvenís e estudantís (categoría 1, iniciativas xuvenís), a persoas xurídicas con sede na provincia (categoría 2, iniciativa empresarial), a centros educativos con alumnado de entre 12 e 35 anos (categoría 3, educación en valores) e a concellos da provincia que desenvolvan iniciativas dirixidas á mocidade (categoría 11, iniciativas xuvenís dos concellos).

O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses e comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Unha vez validada a solicitude, o prazo para presentar os proxectos rematará o 21 de agosto de 2026.

Novas relacionadas

{"classPK":15377920,"groupId":"37861","name":"20260507_luislopez_xuventude_europa_jphilippot_06.JPG","alt":"Luis López ve na xornada sobre recursos da Unión Europea para a xuventude outro sinal da aposta estratéxica e transversal da Deputación pola mocidade da provincia","title":"20260507_luislopez_xuventude_europa_jphilippot_06.JPG","type":"document","uuid":"77acfa34-f934-157a-b5ca-3fe7bba5dedf","fileEntryId":"15377920","resourcePrimKey":"15377978"}

Luis López ve na xornada sobre recursos da Unión Europea para a xuventude outro sinal da aposta estratéxica e transversal da Deputación pola mocidade da provincia

  07/05/2026

{"classPK":12672152,"groupId":"37861","name":"premios-provinciais-a-xuventude-2025.jpg","alt":"Premios provincias a xuventude","title":"premios-provinciais-a-xuventude-2025.jpg","type":"document","uuid":"99b57101-15a6-33b9-ddb3-a08a319c90fa","fileEntryId":"12672152","resourcePrimKey":"15358297"}

A Deputación bate un ano máis a súa marca de solicitudes para optar aos X Premios Provinciais á Xuventude con preto de 200 candidaturas

  06/05/2026

{"classPK":12408085,"groupId":"37861","name":"900x600-xuventude.jpg","alt":"Premios xuventude","title":"900x600-xuventude.jpg","type":"document","uuid":"fe8dfdce-5d0c-5a0d-26f7-c6b34b4855b0","fileEntryId":"12408085","resourcePrimKey":"14741222"}

A Deputación convoca os X Premios Provinciais á Xuventude, que destinarán 36.000 euros ás mellores iniciativas impulsadas pola mocidade

  02/03/2026

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 22 resultados.