Luisa Sánchez gaba a celebración do Torneo 5x5 de balonmán en Vigo por sacar o deporte á rúa
05/09/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, gabou este venres a celebración do Torneo 5x5 de balonmán no porto de Vigo por sacar o deporte á rúa e ser quen de atraer á mocidade.
En concreto, preto de 300 nenos e nenas pertencentes a unha trintena de equipos participarán nesta competición, que celebra a súa segunda edición do 5 ao 11 de setembro na cidade olívica para logo percorrer outras vilas da provincia como A Cañiza, A Estrada ou Redondela. Do mesmo xeito, en torno a un centenar de escolares de Vigo achegaranse a esta disciplina que destaca pola súa espectacularidade e que cada vez goza de máis presenza e repercusión.
Luisa Sánchez deu as grazas á Autoridade Portuaria de Vigo por poñer as súas instalacións a disposición dun torneo que dinamiza e achega o deporte ás novas xeracións. Tal e como incidiu, esta é unha mostra máis de que a colaboración institucional é clave para que Vigo sume iniciativas en favor da cidade.


