A Deputación explora en Madrid a captación de fondos europeos para turismo e dixitalización

O deputado de Fondos Europeos, Javier Tourís, mantivo xuntanzas de traballo co presidente de Segittur, Enrique Martínez, co director de Economía Dixital de Red.es, Luis Prieto, e co director da área de Desenvolvemento de Pemes da Escola de Organización Industrial, Javier Benito

31/05/2025

Roberto Carrero visitou Tomiño

A Deputación mantivo unha intensa axenda de traballo en Madrid para captar recursos europeos para turismo e dixitalización. O deputado de Fondos Europeos, Javier Tourís, mantivo xuntanzas de traballo na capital de España co presidente de Segittur, Enrique Martínez, co director de Economía Dixital de Red.es, Luis Prieto, e co director da área de Desenvolvemento de Pemes da Escola de Organización Indsutrial, Javier Benito.

“Foron unhas xuntanzas moi proveitosas –afirmou o deputado provincial- nas que temos analizado as diferentes liñas de traballo para poder captar fondos europeos nas que podemos encadrar proxectos importantes para a provincia de Pontevedra”. Tourís recordou que “se analizaron cuestións relacionadas coas cidades intelixentes, co turismo e con iniciativas que van redundar na Deputación de Pontevedra e, sobre todo, nos veciños e veciñas desta provincia”. E tamén informou que “ofrecemos a Segittur toda a nosa colaboración para acoller un evento relacionado co enoturismo na nosa provincia”.

A Deputación de Pontevedra está a traballar en preto de sesenta iniciativas de diversa tipoloxía financiadas con distintos programa da Unión Europea. Trátanse de proxectos que abranguen desde actuacións para a mellora da seguridade viaria, ata programas de apoio a empresas e emprendedores, de mellora da eficiencia enerxética ou, entre outros moitos, relacionados cos sectores económicos de maior envergadura da provincia. Todas estas iniciativas poden consultarse nunha sección, estreada este mesmo mes de maio con motivo do Día de Europa, na páxina web institucional da Deputación de Pontevedra.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.