Luis López avanza que as food trucks de Rías Baixas percorrerán todos os concellos ofrecendo degustacións para promover as festas gastronómicas do destino

A Deputación acaba de adxudicar a campaña por un importe de 255.000 euros para ofrecer a partir de outubro preto de 400 petiscos baseados nos menús das festas gastronómicas de interese turístico da provincia

29/08/2025

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra activará a campaña 100% Gastronomía das Rías Baixas, de promoción das festas gastronómicas de interese turístico da provincia, a partir de comezos de outubro. O presidente Luis López fixo este anuncio este venres en comparecencia de prensa tras dar luz verde á adxudicación desta campaña na Xunta de Goberno provincial por valor de 255.000 euros. "Percorreremos a provincia con tres food trucks que farán tres rutas polo norte, o centro e o sur da provincia, ofrecendo un total de 366 degustacións ao longo de cinco meses en formato de pinchos" baseados nos menús das 25 festas gastronómicas de interese turístico galego, nacional e internacional das Rías Baixas.

100% Gastronomía das Rías Baixas será unha acción de promoción e posta en valor da gastronomía pontevedresa que visitará os 61 concellos da provincia con sesións ininterrompidas de 3 horas de duración ao mediodía (de 12:30 a 15:30 horas) e tarde (de 18:30 a 2130 horas), que se mobilizarán cinco días á semana e sempre os sábados, domingos e días festivos. Cada food truck recalará un día en cada concello, pero poderase aproveitar situacións excepcionais de grande afluencia para quedar ata un máximo de tres días. Nelas, a cidadanía ademais de degustar as elaboracións terá á súa disposición material informativo sobre estas festas.

Luis López lembrou, como informou fai uns días na Estrada, que as Rías Baixas foron en xullo "líderes en Galicia e aumentamos nun 6% o noso turismo estranxeiro". O presidente da Deputación sinalou que 100% Gastronomía das Rías Baixas encádrase "nun dos puntos da nosa aposta turística, que pasa por ofrecer experiencias desestacionalizadoras, e por iso implementamos esta campaña en temporada baixa".

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14819056,"groupId":"37861","name":"20260306_luislopez_foodtruck_cuntis_jphilippot_05.jpg","alt":"LUIS LÓPEZ VISITA CUNTIS FOOD TRUCKS O SABOR DAS RÍAS BAIXAS","title":"20260306_luislopez_foodtruck_cuntis_jphilippot_05.jpg","type":"document","uuid":"9a99a3e6-448d-d9a7-1d9f-4cd72cbc763e","fileEntryId":"14819056","resourcePrimKey":"14819074"}

Luis López comproba en Cuntis a boa acollida da estrea das food trucks “O Sabor das Rías Baixas”, un novo impulso da Deputación a un turismo de calidade e descentralizado

  07/03/2026

{"classPK":13406706,"groupId":"37861","name":"Festa-da-anguia-2.jpg","alt":"Luis López na Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País de Valga","title":"Festa-da-anguia-2.jpg","type":"document","uuid":"c7265fdc-8c5a-6073-fb7c-715387d32f2b","fileEntryId":"13406706","resourcePrimKey":"13406735"}

Luis López sinala a Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País de Valga como exemplo da riqueza gastronómica e potentes atractivos turísticos do interior da provincia

  30/08/2025

{"classPK":13371613,"groupId":"37861","name":"20250826_luislopez_oficinaturismo_aestrada_jphilippot_05.jpg","alt":"Luis López fai balance do mes de xullo en Rías Baixas","title":"20250826_luislopez_oficinaturismo_aestrada_jphilippot_05.jpg","type":"document","uuid":"e3e87df1-230e-2ebc-417b-9e72fa076a99","fileEntryId":"13371613","resourcePrimKey":"13370986"}

Luis López fai balance do mes de xullo en Rías Baixas: líder en estadía media en Galicia e aumento de case un 6% no total de turistas estranxeiros

  26/08/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.