Compañía Humana actúa este domingo en Vila de Cruces da man do ciclo teatral da Deputación

A actriz Alba Caneda protagoniza un monólogo que revisa o mito clásico de Iphixenia no marco do programa “Tornar as táboas” nunha función con entrada libre ata completar o aforo

14/10/2023

O Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces será escenario este domingo, 15 de outubro, da actuación de Compañía Humana, que porá en escena a obra “Iphixenia na porta do súper” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 18:00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

A peza, un monólogo interpretado pola actriz grovense Alba Caneda, supón unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides, a partir do texto orixinal do galés Gary Owen, “Iphigenia in Splott”, e fai un paralelismo entre o sacrificio de Iphigenia neste mito clásico e unha moza de barrio actual, sen recursos. Está dirixido a un público mozo e adulto.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.