A Deputación ultima os días para que os concellos poidan solicitar os máis de 3,7 M€ das axudas sociais provinciais

A institución provincial ten aberto ata este xoves 12 de febreiro o prazo de solicitude das Axudas Básicas de Emerxencia, cun orzamento de 610.000 euros, e do plan de cofinanciamento dos servizos sociais municipais, con 3,1 millóns de euros

08/02/2026

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata este xoves 12 de febreiro o prazo para que os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia soliciten axudas por máis de 3,7 millóns de euros para facer fronte a políticas sociais. En concreto, trátase das axudas básicas de emerxencia dirixidas a atender as necesidades urxentes da veciñanza en situación ou risco de exclusión social, dotadas con preto de 610.000 euros, e dos recursos destinados a financiar as retribucións do persoal do Servizo de Axuda no Fogar e do persoal dos servizos sociais comunitarios, cun orzamento de preto de 3,1 millóns de euros.

A liña de axudas básicas de emerxencia distribuirá, por unha banda, preto de 400.000 euros entre os concellos para que poidan financiar gasto corrente de persoas en situación de vulnerabilidade como alimentación, uso da vivenda, facturas, produtos farmacéuticos, reparación de vehículos, lentes de contacto, odontoloxía ou axudas de estudo e de apoio á infancia. Ademais, tamén porá a disposición dos concellos outros preto de 210.000 euros para financiar investimentos como actuacións de mellora en vivendas de persoas vulnerables.

No caso do plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios o orzamento ascende a preto de 3,1 millóns de euros. Con estes recursos, os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia poderán sufragar as retribucións brutas e de seguridade social do persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e cubrir os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.