A Deputación pecha a programación de Nadal do Museo este sábado co concerto ‘Despedida do Vilancico’

O concerto está protagonizado polo Coro infantil e xuvenil García Limeses, o Caro Canticum Novum e profesorado e instrumentistas profesionais do CMUS Manuel Quiroga, e terá lugar ás 19:30 horas na igrexa de San Bartolomeu

06/01/2026

O Museo de Pontevedra celebra este sábado 10 de xaneiro ás 19:30 horas o concerto ‘Despedida do Vilancico’, poñendo fin á súa programación de Nadal. Esta cita musical que o Museo vén organizando desde fai 70 anos está protagonizada nesta edición polo Coro infantil e xuvenil Luis García Limeses, baixo a dirección de Reyes Carballo; tamén polo Coro Canticum Novum, dirixido por Fernando Olbés; e en último lugar polo profesorado e instrumentistas profesionais do Conservatorio de Música Manuel Quiroga.

O programa deste sábado está presentado por Fernando Otero, e no concerto soarán temas tradicionais e populares xunto a composicións dos século XIV a XIX. Na primeira parte escoitaranse “In dulci jubilo” (Alemaña, s. XIV), “No la debemos dormir” (Cancioneiro de Upsala, s. XVI), “Es ist ein Ros enstprungen” (Michael Praetorius, 1609), “¡Ou da casa!, ¿el ay licencia?” (A. C. Santavaya, 1796), “Meu meniño, miña perla” (José Pacheco, 1826), “Adeste fideles” (J. F. Wade, s. XVIII), “The First Noel” (tradicional, Inglaterra, s. XIX) e “The Herald Angels Sing” (F. Mendelssohn, 1840).

Na segunda parte do concerto interpretaranse “Away in Manger” (tradicional, EUA, 1882), “Christmas Lullaby” (John Rutter, 1990), “Alegres pregonan” (tradicional, Venezuela), “La virgen lava pañales” (popular, España), “Ro, mi niño, ro” (popular, España), “Hacia Belén va una burra” (popular, Castela-A Mancha) e “Los pastores de Bormujo” (popular, Sevilla).

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.