O goberno de Luis López mobiliza preto de 21 millóns de euros para a Cooperación Transfronteiriza e o impulso de proxectos europeos

“Nestes dous anos de mandato temos mobilizado e xestionado vinte millóns de euros a través de fondos europeos que nos están a permitir impulsar iniciativas para a modernización e o avance da provincia”, destacou o deputado de Fondos Europeos Javier Tourís

12/07/2025

O goberno de Luis López mobilizou nos dous primeiros anos de mandato preto de 21 millóns de euros para a Cooperación Transfronteiriza e o impulso de proxectos europeos. “Temos mobilizado e xestionado vinte millóns de euros a través de fondos europeos que nos están a permitir impulsar iniciativas para a modernización e o avance da provincia”, asegurou o deputado de Fondos Europeos Javier Tourís.

Ao detalle, tal e como recordou o deputado, 5,5 millóns de euros están a ser mobilizados para actuacións de mellora da eficiencia enerxética, con proxectos relacionados con paneis fotovoltaicos; aerotermia, xeotermia e biomasa sostible; alumeado exterior sostible; infraestruturas de rcarga ou para o proxecto +Renovables.  Ademais, preto de 4,3 millóns de euros diríxense á promoción do emprego, máis de 3,3 millóns de euros á mellora de estradas provinciais, preto de 2,2 millóns de euros á modernización e transformación dixital das entidades locais, preto de 2 millóns de euros á mellora de Príncipe Felipe, 1,8 millóns de euros á promoción do turismo, preto de 321.000 euros ao reto demográfico, máis de 160.000 euros a proxectos relacionados coa cultura, máis de 110.000 a iniciativas centradas nos cultivos vexetais ou no medio ambiente e preto de 45.000 euros á Axenda 2030 local. 

Cooperación transfronteiriza

“Cremos que o impulso desta provincia debe ir da man de entender o noso territorio como un espazo transfronteirizo onde esta beira do Miño e a que se atopa ao outro lado da raia compartan e sumen esforzos polo ben do conxunto da sociedade”, subliñou o deputado de Cooperación Transfronteiriza Roberto Carrero.  Neste eido, o deputado recordou os máis de 800.000 investidos nesta área, que están a permitir crear unha rede de gobernanza a través da AECT Río Miño, así como promover iniciativas de dinamización cultural e de divulgación do patrimonio ou liderar proxectos de aproveitamento de recursos turísticos. 

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.