A Deputación lanza a edición 2023 de “En ruta coa Depo” no que ofertará 20.000 novas prazas

A institución destina preto de medio millón de euros a esta iniciativa, que facilita á cidadanía pasar un día de convivencia nun espazo da provincia a elixir entre 33 rutas

09/12/2022

Carmela Silva

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras dun dos programas sociais de maior participación, “En Ruta coa Depo”, que ofrece alternativas de ocio e tempo libre ás asociacións e entidades do territorio .

Como destacou hoxe a presidenta Carmela Silva, preto de 100.000 persoas percorreron xa a provincia con este programa desde a súa posta en marcha no 2016. Para o vindeiro ano 2023 En Ruta coa Depo volve ofrecer un total de 20.000 prazas, cun orzamento previsto de licitación de preto de 480.000 euros, o máis elevado ata o momento.

“En Ruta coa Depo” consiste en pasar un día de convivencia pola provincia a elixir entre 33 rutas que transcorren por lugares emblemáticos. Das citadas 20.000 prazas, 300 serán gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social.. “O obxectivo –destacou Carmela Silva- é dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo e crear espazos de unión e convivencia, e neste caso con especial atención ás persoas con diversidade funcional”.  
 

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 10 resultados.