A Deputación ten aberto ata o 30 de setembro o prazo para que as escolas de música sen ánimo de lucro soliciten axudas para financiar gastos correntes e de persoal

A institución provincial apoia a estas entidades cunha liña de achegas dotadas con 100.000 euros, 10.000 € máis que o pasado ano, que se adxudicarán en réxime de concorrencia competitiva

22/09/2024

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o luns 30 de setembro o prazo para que as escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro da provincia soliciten a liña de axudas dotada con 100.000 euros, 10.000 máis que o pasado ano, para financiar gastos correntes e de persoal. O obxectivo da institución provincial é apoiar estas entidades, que se erixen como dinamizadoras culturais e constitúen para o alumnado en xeral e, en especial, para o de idades temperás, o primeiro contacto con profesionais do eido educativo musical.

En concreto, as axudas permitirán ás escolas de música financiar gastos de persoal e de material de oficina, subministracións, a reparación e conservación dos seus locais, a reparación de instrumentos, as primas de seguros, servizos de asesoría ou xestoría e tamén gastos de prevención de riscos ou recoñecemento médico. As subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e, para elo, teranse en conta criterios como o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola ou as especialidades impartidas na mesma.

As solicitudes deberán presentarse a través da Sede electrónica da Deputación, e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) poden consultarse as bases da convocatoria con todos os detalles e a documentación que é necesario achegar.

Noticias relacionadas

{"classPK":13146951,"groupId":"37861","name":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","alt":"Apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música","title":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","type":"document","uuid":"22a400a8-2842-da28-8603-aa3c707ed406","fileEntryId":"13146951","resourcePrimKey":"13146994"}

A Deputación anuncia en Cerdedo-Cotobade a apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, cun 20% máis de fondos e chegando aos 120.000 euros

  17/07/2025

{"classPK":13068710,"groupId":"37861","name":"20250704_conferencia_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López na rolda de prensa","title":"20250704_conferencia_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"2a084686-f138-67c6-ba61-87dea7a38fc7","fileEntryId":"13068710","resourcePrimKey":"13068874"}

A Deputación aumenta nun 20% as axudas ás escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro, que recibirán este ano 120.000 euros

  04/07/2025

{"classPK":11481555,"groupId":"37861","name":"20241024_xuntagoberno_rafaestevez_002.jpg","alt":"Luis López","title":"20241024_xuntagoberno_rafaestevez_002.jpg","type":"document","uuid":"ff512f8c-07b4-4ddc-6cc4-846430b7ff3c","fileEntryId":"11481555","resourcePrimKey":"11481574"}

A Deputación reparte 100.000 euros entre 26 escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro de 20 concellos da provincia

  24/10/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.