A Deputación aproba recursos por valor de preto de 36.000 euros para que o Concello de Ponteareas acondicione as pistas deportivas das Pombas

Estes recursos forman parte do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que dirixe a Ponteareas preto de 221.000 euros para a mellora das súas dotacións deportivas

21/04/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar recursos por valor de preto de 36.000 euros para que o Concello de Ponteareas acondicione as pistas deportivas das Pombas. A concesión enmárcase no terceiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns de euros con destino a que os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia poidan subvencionar proxectos municipais de construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, así como para a modernización, remodelación e mellora de instalacións e espazos xa existentes.

Con estes recursos o Concello de Ponteareas adecuará as pistas multideporte (fútbol sala e baloncesto) que se atopan no parque das Pombas, que non están en condicións axeitadas de conservación. O obxectivo principal da actuación é mellorar as instalacións para incentivar a práctica do deporte en equipo ao aire libre. Deste xeito, en primeiro lugar, desmontarase o módulo multideporte, o pavimento, a rede de peche, retirarase a grava perimetral, as porterías e as canastas e limparase o soporte. A continuación repararase a soleira, marcarase e sinalizarase a pista de baloncesto e fútbol sala, incorporaranse portas de acceso, instalaranse porterías e canastas, revisarase o peche perimetral e colocaranse bancos.

Ponteareas está a recibir no marco do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas (PEID) preto de 221.000 euros para a mellora das súas instalacións deportivas. Deste xeito, coas achegas da Deputación, o concello vai impulsar, ademais desta mellora nas pistas deportivas das Pombas, o proxecto básico e de execución de instalación de céspede no campo de fútbol.

Novas relacionadas

{"classPK":15238393,"groupId":"37861","name":"20260421_LuisLopez_PAvillonSilleda_REstevez_03.jpg","alt":"","title":"20260421_LuisLopez_PAvillonSilleda_REstevez_03.jpg","type":"document","uuid":"21f8ce27-7de1-be8a-2cf6-bcce9614d119","fileEntryId":"15238393","resourcePrimKey":"15238371"}

Luis López salienta que os 130.000 euros investidos no pavillón de Bandeira, en Silleda, modernizan as instalacións e implican aos nenos na provincia do deporte

  21/04/2026

{"classPK":11505826,"groupId":"37861","name":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","alt":"Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas","title":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","type":"document","uuid":"d2d6cbc6-5c9d-f178-d5b5-8c02ed97aee7","fileEntryId":"11505826","resourcePrimKey":"15237978"}

A Deputación aproba recursos por valor de preto de 66.000 euros para que o Concello de Sanxenxo acometa melloras nos campos de fútbol de Noalla, Vilalonga e Portonovo

  21/04/2026

{"classPK":11505826,"groupId":"37861","name":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","alt":"Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas","title":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","type":"document","uuid":"d2d6cbc6-5c9d-f178-d5b5-8c02ed97aee7","fileEntryId":"11505826","resourcePrimKey":"15228858"}

A Deputación aproba recursos por valor de máis de 17.000 euros para que o Concello de Mondariz Balneario mellore o equipamento das instalacións deportivas municipais

  20/04/2026